• 2021-09-08 16:33:10
    Policía Local


    O Concello do Porriño anuncia que o vindeiro venres 10 terá lugar a clásica ciclista "A Nocturna" que contará cunha participación de 250 deportistas distribuídas/os en oito categorías. 

    O circuíto no que se celebrará "A Nocturna", con saída e chegada na praza do Concello, discorre por un percorrido de 1.000 metros polas rúas do centro da vila nas que haberá restricións de aparcadoiro e cortes de tráfico, segundo anunciou a Policía Local. Achegamos unha imaxe co aviso da Policía Local.


    Adjuntos: