• 2021-09-15 11:45:50
    Información Xeral

    Como consecuencia das obras de hidro-limpeza nas fachadas da casa consistorial, dende hoxe e ata o venres 17 permanece pechada a entrada principal ao Concello. Así, o acceso ao Concello faise pola entrada lateral da rúa Antonio Palacios.
    Os traballos de limpeza do edificio municipal, a cargo da empresa Naturgalia, encargados polo departamento de Vías e Obras que dirixe Lourdes Moure, retomáronse esta semana.
    Segundo a previsión da empresa, a tarefa de limpeza concluirá esta semana e eliminarase o valado de seguridade.
    Nas semanas seguintes continuarán cos traballos de reparación do tellado do edificio.


    Adjuntos: