• 2021-09-24 12:26:32
    Cultura e Festas



    A Concellería de Festexos comunica que hai varios cambios de localización para diversos eventos das Festas do Cristo, debido ás previsións de mal tempo para hoxe e mañá.

    Indicamos algúns:
    -as eliminatorias do concurso "Trivium Porriño": tanto hoxe, venres 24 como mañá, sábado 25, trasládanse ao pavillón escolar "Fernández López", á mesma hora (de 18 a 20.30 horas).

    - Aprazamento do concerto "Classic Mitic" que non se celebrará esta noite. En breve comunicarase unha nova data.

    - Pregón das Festas: trasládase á carpa da explanada "Roxy". Sábado 25, ás 13.00 horas.

    - Concerto da Banda de Música Popular de Tuy. Será na carpa da explanada "Roxy", despois do pregón. Arredor das 13:30 horas.

    - VII Festival "Montando Cristo". Definitivamente aprazouse ata nova data.

    Hai outros cambios na localización dos eventos previstos para o domingo 26 que se poden consultar e actualizaranse na páxina web de Cultura.
    Deixamos enlace.

    https://ecultura.net/




    Adjuntos: