• 2021-11-16 11:56:06
    Educación, infantil e mocidade

    Este vindeiro sábado 20 terá lugar O Pinchoneno, unha xornada moi especial dedicada ás nenas e nenos do Porriño, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. É a versión infantil do Pinchorriño, con pinchos axeitados, e ao mesmo tempo celébrase coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia.

    O evento desenvolverase baixo carpa, ten un aforamento para 200 rapaces e rapazas, aínda hai prazas e conta con todas as medidas de seguridade ante o COVID19. Para asistir é preciso inscribirse previamente no correo electrónico pinchoneno@gmail.com.

    O Pinchoneno terá lugar no Parque do Cristonentre as 17:00 e as 22:00 horas.

    Deixamos ligazón para máis información
    https://ecultura.net/pinchoneno-2021/




    Adjuntos: