• 2021-11-24 10:34:33
    Información Xeral


    O Consorcio de Augas do Louro ven de informar ao Concello do Porriño que realiza un corte de subministro que afecta a edificios e vivendas das rúas Fernández Areal e Doantes de Sangue.
    A causa é unha avaría na traída localizada na rotonda entre ambas rúas.
    O corte de auga comezou ás 10:30 horas. A previsión do Consorcio é que dure ata as 13:00 horas.


    Adjuntos: