• 2022-03-01 14:08:57
    Cultura e Festas

    O desfile de comparsas programado para esta tarde suspéndese debido ao mal tempo. Así o anunciou hoxe a concellería de Cultura ante as previsións meteorolóxicas que indican unha alta probabilidade de que chova á hora do desfile.

    Quedan cancelado tamén o velorio e Enterro da Sardiña previstos para mañá mércores. Polo de agora non se determinou ningunha nova data para a celebración do evento.