• 2022-05-20 13:22:12
    Cultura e Festas


    A igrexa parroquial de Santa María do Porriño acolle este domingo o tradicional Concerto de Primavera de corais organizado pola Coral Polifónica San Blas de Budiño no seu XVIII aniversario.

    O evento, que conta coa colaboración do Concello do Porriño, contará con dúas agrupacións ademais da anfitriona: a Coral Polifónica Perla del Atlántico (Vigo) e a Coral Polifónica Estradense (A Estrada).

    O concerto dará comezo ás 19 h e a entrada é de balde.