• 2022-06-04 13:02:56
    Información Xeral

    Mañá apagamos as luces para acender o planeta!

    Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora o domingo 5 de xuño, sumámonos ao apagón ambiental ´People & Planet´.

    A iluminación da Casa do Concello e do Templete de San Luis apagarase de 23 a 00 h co fin de concienciar sobre o cambio climático e, principalmente, sobre o consumo enerxético, un tema de máxima relevancia. 

    Temos unha soa Terra e debemos coidala con moito mimo! 

    Adjuntos: