• 2022-07-12 19:00:12
    Información Xeral

    Data: mércores 13 de xullo ás 12 h diante do Concello

    O mércores, 13 de xullo, cúmprense 25 anos do asasinato do concelleiro de Ermua, Miguel Ángel Blanco. Un cruel crime terrorista que nos sacudiu nos máis profundo. 

    Con tal motivo, o Concello do Porriño secunda o chamado da FEMP e convoca unha concentración silenciosa diante da casa do Concello como mostra de solidariedade con todas as vítimas do terrorismo e en repulsa de calquera clase de acto terrorista. 

    Convidamos a toda a veciñanza a participar.