-
PRAZO CURSOS DE NATACIÓN E BONOS PISCINAS2018-06-25 10:07:01Info Xeral
O Concello de Silleda informa que o prazo para participar nos cursos de natación en Silleda e na Bandeira nos meses de xullo e agosto estará aberto dende mañá martes día 26. As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude (aberta de 16:00 a 20:00 horas) para as piscinas de Silleda e no Centro Cultural Vista Alegre (de 16:00 a 22:00 horas) para as de Bandeira. Recolleránse inscricións ata completar prazas. Tamén dende hoxe estarán á venda os bonos para acudir durante todo o verán ás piscinas, que abren o domingo 1 de xullo.
O prezo será, para os residentes no municipio, de 20 euros, e de 16 euros para nenos ata os 16 anos. Para os non residentes, os bonos de adulto custan 35 euros e os de nenos 25 euros.
Así mesmo, as persoas que estean empadroadas no municipio de Silleda poderán mercar bonos familiares. Para os dous cónxuxes custarán 20 euros; se se inclúe un fillo este pagará 16 euros; se son dous fillos, 8 euros, e a partir do terceiro fillo, 0 euros.