• 2018-12-11 11:32:02
    Info Xeral

    O Concello de Silleda, no marco da campaña de empadroamento, agasalla con cadansúa entrada aos veciños e veciñas de entre 3 e 18 anos que estén empadroados no municipio para visitar o Silleda Pak, o parque temático de ocio e aventura que volta este Nadal, dende o sábado 22, ao recinto da Semana Verde. As entradas poden recollerse dende mañá mércores día 12 no departamento de Alcaldía, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
    https://www.feiragalicia.com/ga/silleda-park.html