-
PROGRAMA DEPOTERMAL 20192019-03-01 10:02:59Info Xeral
. O Concello de Silleda participa un ano máis no programa Depotermal da Deputación de Pontevedra, una iniciativa da que poden beneficiarse as persoas empadroadas na provincia participando nas distintas modalidades do programa.
O prazo de solicitudes está aberto ata o vindeiro 29 de marzo. Todas aquelas persoas interesadas poden recibir máis información no departamento de Benestar Social (986 592037), onde tamén se tramitarán as solicitudes.
Depotermal ten por obxectivo fomentar o envellecemento activo da poboación e mellorar a calidade de vida das persoas establecendo novas relacioóns sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias.
Ofertanse prazas en balnearios, incluindo a modalidade de diurno (con asistencia diaria durante 5 días consecutivos) como na de pernoita.
Máis información en : https://www.depo.gal/es/depotermal