• 2019-03-14 11:31:01
    Info Xeral

    O programa Depo Aventura de A Lanzada vén de abrir un ano máis a inscrición. Estes campamentos de verán están dirixidos a nenos e nenas empadroados na provincia de Pontevedra que naceran entre os anos 2006 e 2011 (ambos inclusive). As actividades celebraránse entre finais de xuño e principios de setembro, con quendas de 7 días cada unha.
    O modelo de solicitude pode descargarse a través da web www.depo.es. Dende o departamento de Cohesión Social da Deputación recomendase realizar a solicitude en liña para unha maior axilidade. Así mesmo, os veciños e veciñas de Silleda que queiran recibir máis información ou cumplimentar solicitudes poden achegarse departamento de Benestar Social, onde tamén se facilitarán formularios para as inscricións. O prazo para anotarse remata o vindeiro día 28 deste mes.
    A Deputación subvenciona polo procedemento xeral o 50% do custo da praza. As persoas instereadas deberán de aboar 100 euros por praza (o prezo inclue aloxamento e manutención, todas as actividades do campamento, seguro e excursións). Para menores de familias numerosas o prezo é de 80 euros. Tamén se subvencionará ao 100% a asistencia doutros nenos e nenas de familias con poucos recursos para promover a súa inclusión social. Para Silleda ofértanse 21 prazas.
    Este programa ofrece a posibilidade de que nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu contorno habitual. Tamén se busca fomentar o contacto coa natureza, ensinar a ocupar o tempo libre dunha forma construtiva, desenvolver a sociabilidade, inculcar hábitos hixiénicos, alimentarios e de exercicio físico, ou fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza.
    https://www.depo.gal/depo-aventura