• 2019-03-15 12:06:38
    Info Xeral

    Mañá sábado día 16 continúan as sesións informativas do programa municipal Silleda contra a vespa velutina. As citas serán na Bandeira no Centro Cultural Vista Alegre (17:30 horas) e na Casa da Cultura de Silleda (19:45 horas). O programa municipal, que arrancou o pasado sábado con éxito en Laro e Cira, seguirá co reparto gratuito de trampas (previo compromiso dos usuarios) e coa reiteración ante a Xunta para erradicar os niños secundarios.




    Adjuntos: