• 2019-09-11 10:03:01
    Info Xeral

    O Concello de Silleda abre a inscrición nas Escolas Deportivas para esta tempada. Haberá un total de 18 modalidades. Impartiránse Patinaxe (a partir de 4 anos), Ioga, Kung-Fu, Ximnasia de mantemento (para os maiores), Pilates, Aerobic Step, Zumba Fitness, Zumba Kids, Bailes de salón, Tiro con Arco, Xadrez, Natación (a partir dos 3 anos), Aquagym, Hipopresivos e Ximnasia rítmica.
    Incorpóranse tamén á oferta o Futbol Sala, con sesións que impartirá o Santiago Futsal no pavillón da Bandeira, e o baloncesto, que volta xa a partir do vindeiro martes día 17 da man das escolas do Obradoiro CAB.
    Entre as novidades figura ciclismo, que se impartirá a través do Club Ciclista Estradense. Ofértase para tres grupos de idade: Chupetes (de 0 a 5), para alumnos/as de Primaria e para alumnado da ESO.
    Así mesmo, as escolas incluen tamén outra actividades para os máis pequenos da casa: Multideporte, con diversas disciplinas orientadas a nenos e nenas ata os 5 anos de idade, nas que se traballará conceptos como a psicomotricidade, e se abordarán distintas disciplinas deportivas. A maioría das actividades comezarán a impartirse en outubro. Os interesados en obter información e anotarse deben facelo a partir de mañá na na Casa da Xuventude, de martes a sábado pola tarde (de 16:00 a 20:00 horas)





    Adjuntos: