• 2020-05-21 11:11:06
    Horarios

    O Punto Limpo de Silleda reabrirá as súas portas o vindeiro sábado día 30,SÓ CON CITA PREVIA e cumprindo unha serie de medidas de seguridade. Esta instalación abrirá,ata novo aviso os sábados, en horario de 09:00 a 14:00 horas. As persoas que desexen utilizar as instalacións deben chamar ao ☎️986 580000, para sacar cita. Os vehículos accederán á explanada de un en un, e os propios usuarios depositarán os residuos nos lugares onde lle indique o personal que atenda. Deberán acceder ademais con mascarilla e disporán de xel desinfectante á entrada do centro.
    Operarios municipais realizaron nos últimos días tarefas de desbroce no entorno deste centro municipal que tamén será debidamente desinfectado antes da súa apertura.
    Por outra banda, tamén se reactiva o servizo de recollida de enseres domésticos a domicilio, que comezou a funcionar en marzo do pasado ano. As persoas que desexen facer uso deste servizo, deben de chamar ao 900 720190, telefóno gratuito que esta operativo de luns a venres en horario de 09:30 a 13:30 horas.
    Cada semana realizarase as recollidas dos avisos que se reciban ata o día anterior. Os usuarios deberán depositar os enseres seguindo as instruccións do persoal do servizo.