-
ACTUALIZACIÓN COVID-192020-12-11 13:15:06Info Xeral
O MUNICIPIO DE SILLEDA BAIXA AO NIVEL BÁSICO DE RESTRICCIÓNS AO TER UNHA INCIDENCIA MEDIA ACUMULADA NOS ÚLTIMOS 14 DÍAS POR DEBAIXO DE 100. A continuación resumimos algunhas das medidas máis destacadas que entrarán en vigor ESTA MEDIANOITE, logo da correspondente publicación oficial:
????O municipio queda libre de restriccións de mobilidade (desaparece o peche perimetral)
????Reunións de máximo 6 persoas
????Hostalería: 50% do aforo en interior e 75% en terrazas. Mesas de ata 6 persoas. NON SE PERMITE CONSUMO EN BARRA. Apertura ata as 23:00 h
????Comercio: 50% do aforo.
????Actividade en academias, autoescolas, centros privados de ensino: 50%
????Lugares de culto: 50%
????A mobilidade nocturna segue restrinxida entre as 23:00 e as 06:00 horas
➡Hoxe o municipio de Silleda conta con 4 casos activos. Novamente e agradecendo tamén o esforzo de toda a veciñanza, volvemos a apelar á responsabilidade e ao cumprimento das normas para non volver atrás. GRAZAS!