• 2021-05-14 14:00:43
    Cultura e ocio


    O mércores 19 a programación continuará para o público máis novo, cunha dobre sesión (en Silleda e na Bandeira) que repasará a vida e obra de Xela Arias a través dun conto ilustrado da man de Polo Correo do Vento, colectivo especialidado en actividades para os máis cativxs co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.  Baixo o lema “Xela Arias, liberdade, Solidariedade e amor pola lingua”, os integrantes do grupo Enrique Mauricio e Carlos Taboada, ofrecerán dúas funcións na tarde do mércores, unha no Centro Cultural Vista Alegre (17:00 horas) da Bandeira e outra no salón de actos da Casa da Cultura de Silleda ás 18:30 horas.

    Debido á situación sociosanitaria para asistir a estas actividades será preciso anotarse previamente, a fin de cumprir cas limitacións de aforo establecidas. As persoas interasadas deben chamar ao 986 580000 (preguntando polo departamento de Cultura).



    Adjuntos: