-
CAMPAÑA DE REBAIXAS PARA O SECTOR COMERCIAL EN SILLEDA2021-07-02 11:47:56Info Xeral
Un ano máis, dende o departamento municipal de Normalización Lingüística ponse a disposición de todo o sector comercial cartaces e adhesivos para os establecementos, cos lemas ‘Rebaixas en galego’ e ‘Non deixes a lingua na porta’ . Para obter os cartaces e a pegatinas, os establecementos comerciais deben dirixirse ao Departamento de Normalización Lingüística sito no Centro Social de Silleda, achegándose ás oficinas ou a través do teléfono 986592037. Entréganse coma sempre de xeito gratuito.