• 2021-10-31 12:00:00
    Cultura e ocio


    O programa FalaRedes de dinamización lingüística volta a Silleda, co teatro como protagonista.

    A cita será o vindeiro domingo 7 de novembro no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, ás 19:00 horas, ca representación de Bernarda, de Malasombra Produccións, unha historia próxima, comprensible e universal.

    Protagonizada polas actrices galegas Luisa Merelas (coñecida por ter participado en series como Matalobos, e películas como Fariña e premio Maria Casares á mellor actriz en 2017): Celia González (que acadou o pasado ano o María Casares á mellor actriz secundaria con esta obra) e Esther Aja, a obra está escrita e dirixida polo autor naronés José Luis Prieto, que ten no seu haber varios premiso Max.


    O texto, para público adulto, inspírase na coñecida obra lorquiana, (A casa da Bernarda Alba) e traslada a escea á Galicia de 1975. A peza, que acadou varios premios na edición dos María Casares do ano pasado (mellor espectáculo, mellor texto orixinal, mellor dirección e mellor actriz secundaria) e foi seleccionada como candidata ao premios Max de 2021, arranca cun plantexamento moi parecido ao da célebre obra de Lorca: unha muller queda viuva e imponse na casa o luto máis estricto.

    O conflicto xeracional entre pais e fillos está tamén presente nesta obra, na que Luisa Merelas, unha das actrices galegas máis recoñecidas da súa xeración, da vida a esta Bernarda galega, nunha proposta na que tampouco falta o humor negro.

    A entrada ao espectáculo será  DE BALDE ata completar aforo. Está recomendada para público adulto (a partir de 14 anos).

     




    Adjuntos: