• 2022-09-30 15:12:28
    Servizos


    Para continuar mellorando a conciliación, o Concello de Silleda pon en marcha o servizo Madruga no Cole, con atención ao alumnado de Infantil e Primaria nos dous centros públicos do municipio: CEIP de Silleda e CEIP Ramón de Valenzuela

    O servizo prestarase dende as 07:50 e poñerase en marcha no caso de xuntar un número mínimo de 20 inscricións por centro.

    O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 14 de outubro

    O prezo do servizo é de 30 euros ao mes, e do almorzo 0,50 euros por día (tamén se pode levar o almorzo da casa)

    As familias interesadas poden inscribirse no Rexistro Municipal ou enviar o formulario (dispoñible na web municipal) a través da Sede Electrónica

    Máis información no 986 592037



    Adjuntos: