• 2022-10-17 14:01:22
    Info Xeral


    O percorrido comezará nas ínsuas de Gres, en Vila de Cruces,  e rematará na praia fluvial de Cira. As persoas que desexen inscribirse poden anotarse ata xoves no Concello .  O programa Goza do Ulla volta á comarca o vindeiro sábado día 22 cun roteiro intermunicipal que partirá dende as ínsuas de Gres, en Vila de Cruces, rematando na praia fluvial de Cira, cun trazado de algo máis de 6 kilómetros.

    O percorrido partirá dende as ínsuas ás 10:00 horas  e discorrerá por Gres, onde se atopa a Fundación Neira Vilas, e a parroquia de Cirela, coas fermosas vistas ao val que forma Cira, dende Castromouzo Nesta parroquia silledense rematará o roteiro, con visita ao recente paseo da ribeira do Ulla realizado polo club de Pesca Castillo Ulla Deza.

    As persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Concello de Silleda, (ata o vineiro xoves) chamando ao 986 580000 ou ben enviando un mail a cultura@silleda.es   Dende o Concello habilitarase tamén un servizo de autobús, que sairá as 9.30h dende o concello  ata a illa de Gres, previa inscrición.