• 2023-04-24 14:37:15
    Cultura e ocio


    Volta a Carreira de Orientación a Silleda!!! Este sábado arrancamos ás 17:00 horas dende a praza Juan Salgueiro de Silleda para disfrutar desta proba única con Xesta Natureza

    Data: Sábado, 29 de abril de 2023

    Horario: de 17 a 20hs

    O prazo de inscrición remata este mércores día 26! Na páxina web www.xestanatureza.com

    * Para reducir o uso de envases, cobraremos 1€ de fianza por un vaso reutilizable. Cando remate a proba, se nos devolves o vaso, devolvémosche o €.

    Esta carreira de Orientación consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.

    Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:

    ·         httpsxestanaturezacomwp-contentuploads201812X-1-1-222x300pngXestiñas: categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente (menos de 3kms en total).

    ·         httpsxestanaturezacomwp-contentuploads201812X-2-222x300pngXestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio (menos de 4kms en total).

    ·         httpsxestanaturezacomwp-contentuploads201902X3-222x300pngXesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5kms en total).

     

    * Se queredes participar individualmente debedes facer inscricións separadas.

    * As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.

    A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.

    Ao rematar a proba poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.



    Adjuntos: