-
PRAZO DE INSCRICIÓN NO CAMPAMENTO DE VERÁN DO SERVIZO LÚDICO EDUCATIVO2023-05-02 08:35:19Info Xeral
A Concellería de Educaciónabre este martes día 2 o prazo de inscrición para o campamento de verán, que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 22 de xuño e o 8 de setembro, véspera do inicio do próximo curso escolar.
As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o martes 2 de maio e ata o venres 19 de de maio, como data límite.
Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.
O horario do servizo será -de luns a venres- 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal).