• 2024-11-19 13:36:13
    Deportes


    Destinatarios: nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024. terán preferencia a rapazada que non participase en ningunha campaña de neve da deputación.

    Solicitude: o formulario de inscrición (Formulario de Inscrición), así como a primeira documentación solicitada, deberá ser entregado no concello no que a persoa participante esté empadroado. o prazo de inscrición estará aberto  dende  8 de novembro ata o 2 decembro; en caso de ser seleccionada a súa solicitude, deberá entregar a documentación adicional tamén no seu concello.

    Documentación que se debe achegar para completar a solicitude:

    1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal.
    2. Fotocopia da tarxeta sanitaria da participante.
    3. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.

    Cota de inscrición e conta bancaria: 85 € (oitenta e cinco euros). será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome da persoa participante, concello e  “campaña de neve 2025”. (aboar e entregar só en caso de ser seleccionada)

    Inclúe: transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

    A quenda que lle corresponde a Toques é a primeira, isto é, do 10 ao 13 de xaneiro.