-
Apertura e inicio de tempada na Piscina de Verán de Toques2025-06-27 13:58:08Cultura y ocio
O vindeiro sábado 28 de Xuño o Concello de Toques inicia a tempada de verán coa apertura da Piscina.
O horario de apertura durante o verán será de 13:00 a 21:00 horas, sempre e cando a climatoloxía sexa axeitada.
A entrada é de balde para os menores de 3 anos (incluídos), de 1 € para a cativada desde os 4 aos 14 anos (ambos incluídos) e de 2 € para os maiores de 15 anos. Faise indispensable aportar documentación identificativa para acreditar a idade dos usuarios.
Aqueles usuarios da piscina coa condición de “Empadroados en Toques”, tamén dispoñen de entrada de balde, pero deben solicitar un carné de aboado nas oficinas xerais do Concello.
Ademáis, existen carnés de aboados para o resto de usuarios “non censados en Toques”, de estilo familiar ou individual para diferentes periodos, (véase Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola utilización da Piscina Municipal, Número 17).
https://sede.dacoruna.gal/subtel/ordenanzas/ordenanza/6012855