-
I Desafío Gravel Ulla Tambre en Toques2025-08-22 14:12:21Deportes
O Grupo de Desenvolvemento Rural “Ulla Tambre Mandeo” (https://bit.ly/4l7BNo9) organiza coa colaboración dos concellos implicados a primeira edición desta actividade deportiva sobre rodas.
Trátase do “Desafío Gravel Ulla Tambre”, aberta a todos os públicos que poden escoller entre dúas distancias a percorrer en bicicleta en cada unha das actividades programadas.
En Toques, terá lugar o 27 de Setembro, e haberá a opción de inscribirse nunha das seguintes distancias:
📍Jravelón: Máis longa e esixente, ideal para ciclistas habituados: 50 quilómetros.
📍Jraveliña: Ruta máis curta e guiada, perfecta para iniciarse ou gozar en familia: 34 quilómetros.
Trátase dunha actividade de cicloturismo-BTT, que tal como dí o regulamento, o obxectivo é fomentar o ocio, o turismo e a cultura, excluíndo expresamente a competición. As persoas participantes, coa súa inscrición, declaran estar f isicamente aptas para a proba.
A inscrición xa está aberta, en sportmaniacs.com, aquí está o enlace: https://bit.ly/45ibMwu
Horario e lugar da proba: Día 27 de Setembro: A saída será as 9:30h en Toques, nas inmediación das instalacións deportivas e educativas. (https://maps.app.goo.gl/W41Y9FvpN7EbMVNs9)
Recollida de dorsal:
A entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:15h no punto de inicio de cada evento.
Modalidade:
Evento deportivo non federado
Categorías:
Maiores de 18 anos (participantes de 14 a 17 anos con autorización)