-
Casting presencial - Serie de época Vaca Films2025-12-09 12:55:10NoticiasEn Sobrado dos Monxes hai un casting presencial para buscar figurantes da zona. Será o mércores 10 de decembro no Antigo Mercado de Abastos (C. Casiñas, 15813 A Porta, A Coruña) de 10:00h a 13:30h e de 16:00h a 19:00h.
É moi sinxelo: só é pasar por alí, deixar uns datos e facer un par de fotos. Non fai falta apuntarse antes nin preparar nada.
Buscamos todo tipo de perfís, xente dos pobos da zona e arredores, sobre todo persoas maiores (aínda que non é imprescindible), que aínda non se inscribiran por redes.
Ao ser unha produción de época, gañas puntos:
- Se tes pelo natural, sen tinguir, bigote, barba, peinado clásico, etc.
- Se tes rasgos ou peculiaridades físicas (como cicatrices, marcas na pel, ausencia dalgunha peza dental ou dalgunha parte do corpo ou calquera outra particularidade).
Nada disto é imprescindible! Pero todo suma!
Se non podes vir o mércores, tamén podes apuntarte por internet na nosa ficha de inscripción: https://tally.so/r/b5VyVg e se queres estar ao tanto de todos os castings podes seguirnos en Instagram @jp_castings!
Se coñeces a alguén a quen poda interesar, agradeceríamos moitísimo que lle pasases esta mensaxe!
Moitas grazas! Animádevos a pasarvos por alí o mércores!