• 2025-12-09 13:28:54
    Noticias


    O programa do serán da TVG invita á veciñanza interesada en asistir como público ao programa que se emite o venres 12 de decembro.

    Se hai xente interesada en Toques, están dispoñibles entre 10 e 15 prazas.

    Para asistir como público é necesario enviar whatsapp para reservar ao número 670 47 25 42.

    A visita é compartida coa veciñanza de Palas de Rei e Friol, e de feito, hai dispoñible un autobús gratuito de Friol para realizar o desprazamento.

    Tamén se pode facer a viaxe polos medios propios acudindo a TEX 45 en Ordes (antiga Discoteca LP45).

    Aquí queda a ubicación exacta do lugar onde se graba o programa en Ordes:

    https://maps.app.goo.gl/6UZacVbt4j82be9y6?g_st=iw