-
Xantar dos Maiores2026-05-19 10:52:40Terceira idadeO vindeiro 30 de maio terá lugar no Polideportivo en Souto o Xantar dos Maiores.
A invitación e a carta informativa foron enviadas por correo postal a todos os veciños e veciñas que cumpran os requisitos para poder asistir. Ademáis coa invitación e a carta achégase unha entrada para entregar e participar nun sorteo. Unha vez recibida a correspondencia, é necesario confirmar asistencia por vía telefónica ao concello.