• 2026-06-05 13:30:07
    Cultura y ocio


    O Concello de Toques organiza de cara á tempada estival unha actividade dirixida a menores coa finalidade de satisfacer demandas lúdicas, recreativas por un lado e conciliadoras por outra banda.

    Trátase dun “Campus de Ocio e Deporte” e terá lugar desde o 6 de xullo 2026 ata o 31 de xullo 2026  en horario de 10:00 a 14:00. a actividade vai destinada á veciñanza cuio ano de nacemento está entre o 2010 e 2022 (ambos inclusive).

    O prazo de inscrición estará aberto desde ás 9 horas  do 11 xuño 2026 ata as 14 horas do 15 de xuño 2026.  As solicitudes poden realizarse de forma presencial, na oficina xeral da Casa do Concello ou de forma telemática, por medio da Sede Electrónica; neste último caso tamén hai que adxuntar o modelo de solicitude oficial que se pode descargar no final desta noticia. Non se aceptarán solicitudes fóra de prazo nin antes nin despois do horario establecido, nin coa documentación incompleta.

    As solicitudes serán entregadas mediante instancia (modelo oficial) asinada por pai/nai ou titor/a legal, tanto na inscrición presencial como na Sede Electrónica e serán rexistradas por orde de inscrición.

    Para a adxudicación das prazas, terán preferencia as/os participantes que elas/eles ou un dos proxenitores estean empadroados/as no Concello de Toques. Isto é así, debido a que as prazas están limitadas.

    O listado de solicitudes admitidas publicaranse o 19 de xuño 2026, as reclamacións pódense facer 22, 23 e 24 de xuño 2026 e os aboamentos das taxas desde o 25 ata o 31 de xuño 2026.

    A actividade do “Campus de Ocio e Deporte 2026” están suxeitas ao estipulado na Ordenanza Fiscal Reguladora número 13, da Taxa de Campamentos de Verán e Nadal.

    A Cota de inscrición é de 200 €, a aboar unha vez admitida a solicitude no número de conta que se proporcione a tal efecto. Existen descontos sobre a cota de inscrición, tal como se describe na seguinte táboa, non sendo acumulables:
    • Participantes empadroados en Toques un 80 % de desconto.
    •  Por un proxenitor empadroado en Toques un 70 % de desconto.
    • Por estar escolarizado no CEIP de Toques un 50 % de desconto.
    • Un dos proxenitores en situación de desemprego sen prestación económica un 50 % de desconto.
    • Os dous proxenitores en situación de desemprego sen prestación económica un 100 % de desconto.

    O Concello de Toques resérvase o dereito de admisión de solicitudes así como levar a cabo modificacións consideradas oportunas.

    Enlace á web onde descargar o modelo oficial de solicitude:

    https://toques.gal/campus-de-ocio-e-deporte/






    Adjuntos: