• 2026-06-19 14:10:07
    Cultura y ocio


    Unha vez rematado o proceso de solicitude para o Campamento de Ocio e Deporte da actual anualidade, as familias beneficiadas pola adxudicación de praza/s que finalmente esteñan interesadas en participar deben aboar a taxa para poder participar no campamento e dar por finalizado o proceso de inscrición.

    O aboamento da cantidade correspondente debe realizarse durante o periodo que abarca entre o 25 ata o 29 de xuño 2026, e nunha das seguintes contas bancarias:
      • ES38-2100-4948-1222-0010-4755 de Caixabank
      • ES07-0238-8194-1306-6000-0369 do Banco Popular- Santander

    O prezo público correspondente ao Campamento é de douscentos euros (200,00 €), ainda que existen bonificacións contempladas na Ordenanza Fiscal reguladora de dito prezo público tales como:
      • Se o participante está empadroado no Concello de Toques o prezo é de corenta euros (40,00 €).
      • Se un dos proxenitores do participante está/n empadroados/as no Concello de Toques o prezo é de sesenta euros (60,00 €).
      • Se os participantes están matriculados no CEIP de Toques no Curso Escolar 2025/26 o prezo é de cen euros (100,00 €)

    No caso de que finalmente as familias non estean interesadas en que os/as nenos/as participen no Campamento de Ocio e Deporte, prégase avisar ao concello por vía telefónica (981505826) o máis axiña posible, incluso antes do periodo de aboamento do prezo. Isto é así, para poder avisar a tempo ás solicitudes en lista de agarda.



    A data de inicio do Campamento de Ocio e Deporte é o 6 de xullo ás 10:00 da mañá, na aula da natureza, momento no que terá lugar unha reunión coas familias. Prégase asistencia e puntualidade.

    Pódese consultar as listaxes de admitidos e de agarda no arquivo adxunto.