• 2026-07-01 09:25:25
    Info General


    O Concello de Toques incia a tempada de verán coa apertura da Piscina o Mércores 1 de xullo de 2026. O horario de apertura será de luns a domingo desde ás 13:00 h. ata ás 21:00 h.

    Para poder acceder á piscina, é necesario adquirir un ticket de entrada na mesma instalación cos seguintes prezos:

    – Ata 3 anos de idade: Entrada Gratuita.

    – De 4- 14 anos de idade: 1,00 euro.

    – A partir de 15 anos: 2,00 euros.

    Tamén existen bonos, co prezo reducido, os cales se solicitan na Oficina Xeral da Casa do Concello en horario de mañá. Existen varias modalidades tal como se describe a continuación:

    – ABONO INDIVIDUAL:

    · Para 7 días: 5,00 euros.

    · Para 14 días: 10,00 euros.

    · Para 21 días: 15,00 euros.

    · Para 30 días: 20,00 euros.

    -ABONO FAMILIAR ( primeiro grado de consanguinidade, cónxuxe, país e fillos ):

    · Para 7 días: 15,00 euros.

    · Para 14 días: 30,00 euros.

    · Para 21 días: 45,00 euros.

    · Para 30 días: 60,00 euros

    Aínda que a veciñanza empadroada en Toques poderá adquirir de balde un carné de aboado, válido para toda a tempada co cal facilítase en gran medida o control de acceso.

    Os usuarios da piscina deben saber que é necesario realizar o mergullamento con gorro de baño para a cabeza. Ademáis hai normativa específica en canto conductas, seguridade e boas prácticas e outras. Dita información está exposta nun lugar visible no interior da instalación.