-
Subvencións para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos de Galicia.2026-08-28 09:44:51Subvención /Axudas
Este programa ten unha dobre finalidade: por un lado, facilitar o acceso á propiedade á persoas mozas e, por outro, impulsar a vida naqueles concellos que conten cunha poboación inferior a 10.000 habitantes, mediante actuacións dirixidas a evitar o seu despoboamento, contribuíndo ao reto demográfico mediante a recuperación de poboación neses municipios.
A concesión destas subvencións tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria.
As persoas solicitantes e a vivenda deberán posuir unha serie de requisitos para recibir a concesión da axuda. Os requisitos así como outra información importante pódense consultar no DOGA do 19 de agosto de 2026, ou na web do concello, toques.gal, ou descargando os anexos que se achegan neste bando.
A contía máxima da axuda será do 20 % do prezo de adquisición ou, de ser o caso, do custo da autopromoción da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes, cun máximo de 15.000 euros por vivenda.
No suposto de adquisición ou autopromoción por dúas persoas, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria determinarase aplicando a porcentaxe de cota de participación ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido ou construído o 100 % da vivenda.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora na presente resolución como anexo I.
No formulario de solicitude deberase sinalar a modalidade de axuda pola que se opta, adquisición ou autopromoción de vivenda.
Nos supostos de adquisición da propiedade da vivenda ou autopromoción por máis dunha persoa, cada unha delas deberá presentar a súa correspondente solicitude.
A presentación electrónica será obrigatoria, tendo en conta que as persoas destinatarias destas axudas, mozos e mozas menores de 36 anos, teñen acceso e dispoñibilidade de medios electrónicos necesarios para relacionarse electronicamente coas administracións públicas.