• 2026-08-28 14:14:35
    Info General


    Desde o mes de Maio do presente ano a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios para cumprir o proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT. Informámase que ditas actuacións realizaranse o próximo venres 4 de setembro no centro de extensión de cobertura de Furelos, instalado no concello de Melide.

    A actuación consiste en apagamento neste centro da frecuencia de emisión, e o posterior acendido dunha frecuencia nova, da que os hogares pódense beneficiar.

    Os veciños que reciban deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a instalación colectiva para asegurar a calidade da recepción.

    En Toques, os lugares que poden verse afectados por estas actuacións pertencen a parroquia de San Martiño de Oleiros: Fondevila, A Pena e O Sandión.

    No caso de dúbida, os seus veciños poderán confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura da TDT por vía telefónica -881 866 388- ou na web www.tdtgalicia.gal.

    Xuntamos tamén un modelo de cartel informativo co obxecto da súa distribución e de facilitar que os veciños afectados comproben os servizos da televisión dixital.



    Adjuntos: