-
Escolas deportivas Municipais 2026-272026-09-11 13:01:21Deportes
O Servizo de deportes do Concello de Toques realiza a oferta lúdico-deportiva para o periodo outubro de 2026 ata maio de 2027.
Igual que as anteriores anualidades, existe un prazo de solicitude para inscribirse a algunha das Escolas deportivas existentes. Dito prazo esténdese desde o 14 ata o 23 de setembro.
Para realizar o proceso de solicitude-inscrición é preciso achegarse ata a Casa do Concello para cumplimentar debidamente a instancia, ou tamén, mediante a Sede Electrónica, a cal atópase na páxina web do concello www.toques.gal xunto con outras novas de actualidade.
O Inicio das Escolas deportivas será o martes 29 de setembro.
Na páxina web do concello, toques.gal están dispoñibles as instancias de solicitude para as escolas dirixidas á cativada e outra diferente para as escolas dirizxidas á poboación adulta.