• 2023-09-30 17:05:33
    Cultura

    Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, o Concello de Touro abre un extraordinario para aquelas actividades nas que existen prazas dispoñibles. Poderán anotarse tanto os empadroados neste municipio como os non empadroados ( escolarizados no concello).

    O prazo para anotarse será do 2 ao 4 de outubro. Os interesados deberán facelo de maneira presencial nas dependencias municipais.

    As actividades nas que aínda quedan prazas son: 
    * Deportivas: Zumba, Acondicionamento Xeral (GAP), Multideporte, Baile Moderno,
    Patinaxe.
    * Culturais: Inglés , Robótica, Ciencia Divertida, Deseño Gráfico e Ilustración dixital.


    Adjuntos: