• 2023-10-04 22:15:26
    Formación

    O Concello de Touro informa que quedan aínda 9 prazas libres na ESCOLA DE INGLÉS para preparar o nivel B1.


    Poden anotarse todas as persoas de 18 anos en adiante empadronadas no municipio de Touro.



    Os horarios serán os luns e os mércores de 19:15 a 20:15 horas.



     Os interesados deben inscribirse a través da web de reservas do Concello, que tamén aparece na web do propio Concello. Poden facelo a través do seguinte enlace: https://appreservas.com/.../prod.../64f865ceceb33bfc15224293



     Ante calquera dúbida poden contactar co Concello a través do teléfono 981 504 029



    O prazo para anotarse empeza mañá, día 5, ás 9:00 horas e rematará o día 9 ás 15:00 horas



    A actividade terá un custo de 150 € anuais. PAGO FRACCIONADO O 50% NO MOMENTO DA INSCRICIÓN E O 50% RESTANTE EN FEBREIRO.



    Existen exencións de pago para os colectivos en risco de vulnerabilidade social.



    Adjuntos: