• 2023-10-11 20:15:29
    Concello

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, somete a información pública a solicitude de autorización de verquidos procedentes da mina de Touro incluída no expediente DH.V15.89848.



    Nun prazo de 30 días, contados dende o pasado día 6 de outubro, os interesados poderán presentar as súas achegas ante Augas de Galicia.



    No seguinte enlace ao DOG pode ampliarse a información deste anuncio: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231005/AnuncioO143-250923-0001_gl.html?fbclid=IwAR1VfUhv...