-
Xornadas e exposición fotográfica de EspadELA o día 17 na Casa da Cultura de Touro2023-11-13 10:27:16Cultura
EspadELA: Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural nace en 2018 impulsada pola cooperativa Arabías da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña. A cooperativa Arabías é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola posta en marcha de proxectos centrados na igualdade, no feminismo e na transformación social. EspadELA xorde para crear espazos de traballo colectivo onde pensar e construír xuntas.
Este setembro iniciaron a quinta edición de EspadELA. O programa desenvólvese nas localidades de Boiro, Touro, Arzúa e Santiago de Compostela ata o mes de decembro.
Nesta ocasión anuncia as 'Xornadas Feminismos, territorio e ruralidades' e a inauguración dunha exposición fotográfica onde participan as veciñas da Plataforma Veciñal Mina de Touro e Pino NON
As xornadas terán lugar o venres 17 de novembro ás 16:30 horas na Casa da Cultura de Touro. A inauguración da exposición fotográfica terá lugar o venres 17 de novembro as 19:00 horas tamén na Casa da Cultura.
Adjuntos: