-
CONTRATACION DUN/HA PALISTA PARA O CONCELLO DE TOURO2023-11-13 11:18:04Emprego
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe, luns 13, as bases para a provisión en réxime laboral temporal de duración determinada por circunstancias da produción para a contratación dun palista a xornada completa, para a execución de diferentes traballos e servizos de mantemento das vías e espazos públicos, durante un período de tres meses no Concello de Touro.
Ábrese un prazo de 5 días hábiles para que as persoas interesadas en optar ao posto podan achegar a documentación necesaria
A convocatoria ten por obxecto contratar 1 palista encargado/a do manexo e actuación da pala mixta
As tarefas a realizar son as labores precisas para acadar o cumprimento de servizos municipais mínimos e a realización de obras esenciais, tales como obras de saneamento, abastecemento, recuperación e mantemento de accesos a mantemento da infraestrutura viaria ou traballos relacionados coa utilidade colectiva.
A retribución do salario mensual bruto incluída a parte proporcional das pagas extras dos traballadores será de: 1.350,00 € brutos mensuais e axustada ás necesidades do servizo.
Os interesados poden obter toda a información no seguinte enlace: https://www.concellodetouro.com/index.php/gl/novas/2826:bases-e-convocatoria-do-proceso-de-seleccion...