-
TOURO EXECUTA OBRAS NA INFRAESTRUTURA DE ABASTECEMENTO DE AUGA2023-11-29 13:16:08Concello
O Concello de Touro está levando a cabo obras na infraestrutura de abastecemento de auga.
Os traballos que está a executar o departamento de Obras que dirixe o concelleiro Jesús Martínez son parte das actuacións previstas para paliar as deficiencias do abastecemento de auga do municipio.
O concello dispón dun depósito de almacenamento de auga infrautilizado que ata este momento só subministraba a un polígono empresarial con escasa demanda. Con esta obra, ese depósito quedará conectado á rede de subministro xeral.
A súa posta en funcionamento permitirá aumentar a capacidade de almacenamento de auga poñendo en uso instalacións xa existentes e que ata agora estaban infrautilizadas; mellórase así a resposta ás necesidades da veciñanza durante o verán e redúcese a necesidade de subministro con camións cisterna, co conseguinte aforro económico.
Adjuntos: