• 2023-12-11 19:25:39
    Servizos Sociais

    Este programa nace coa finalidade de axudar a paliar a fenda dixital e garantir que o alumnado que careza dos medios necesarios poida ter acceso aos distintos recursos de información e
    documentación, aplicacións ofimáticas, etc. Ao configurarse como un servizo de apoio á aprendizaxe a súa utilización farase con fins académicos ligados ás actividades de estudio.

    Serán destinatarios destas axudas o alumnado empadroado no Concello de Touro matriculado nalgún curso de Primaria, ESO, bacharelato ou ciclos formativos de FP para o curso académico 2023/2024.

    Serán 12 ordenadores portátiles susceptibles de préstamo e son propiedade do Concello de Touro. Só se poderá dispoñer dun ordenador por unidade de convivencia. O uso indebido poderá dar lugar a responsabilidade económica.

    O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación das bases no Taboleiro de Anuncios do Concello, e estará aberto ata que se realice o préstamo de todos os
    ordenadores portátiles dispoñibles. A solicitude, acompañada da documentación obrigatoria, presentarase a través da sede electrónica ou no rexistro de entrada do Concello de Touro dirixida ao Alcalde-Presidente.

    Os interesados poden obter máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro ou no teléfono 981 504 029.

    Adjuntos: