• 2023-12-23 19:58:05
    Concello

    O Concello de Touro vén de asinar un convenio con Rede Aberta para executar a extensión de fibra por todo o territorio municipal.



    As actuacións, que xa comezaron fai varias semanas, están sendo realizadas por varias empresas (Euskalfibra, Montelnor...) que están extendendo a fibra dende lugares diferentes.



    Mediante este convenio, o Concello de Touro facilita a infraestrutura municipal do alumeado público para realizar o tendido da fibra en todo o territorio municipal, facilitando a extensión a todos os núcleos de poboación.



    Con estas actuacións prevese que a fibra alcance a totalidade dos núcleos antes de mediado o ano 2024.



    Adjuntos: