• 2023-12-26 12:53:30
    Cultura e Turismo

    Este venres, 29 de decembro, temos unha cita solidaria en Touro ademais de degustación de produtos do mar. 



    Falamos de 'Zumba Solidaria' que será no campo da festa de Fonte Díaz onde hai instalada unha carpa. Terá lugar ás 20:30 horas.



     A asistencia é libre e recolleranse alimentos non perecedoiros



    Ademais, de 20 a 22 horas estará o camión de 'Galicia Sabe a Mar' a carón da Carnicería Pepe para facer degustacións con motivo da xornada de zumba solidaria.



    Adjuntos: