• 2024-01-04 12:59:59
    Concello

    A 'ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI' CHEGA A TOURO O 22 DE XANEIRO

    Será a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura 

    'A Administración cerca de ti' é o proxecto do Ministerio de Política Territorial, impulsado conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e que conta coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que facilita á cidadanía o acceso a trámites e xestións da Administración Xeral do Estado.



    Esta iniciativa lévase a cabo en municipios que contan entre 500 e 8.000 habitantes de todo o territorio e nalgunhas provincias con máis núcleos de poboación dispersos e tamén se aplicará en municipios con menos de 500 habitantes.

    Os veciños e veciñas destes municipios só terán que desprazarse ao seu Concello onde se axudará á cidadanía para obter os medios de identificación e firma dixital que permiten acceder aos servizos públicos, facilitaráselles o acceso á carta de servizos públicos dispoñible e informarase das vantaxes, por exemplo, da 'Carpeta Cidadán', cuxa aplicación móbil lanzou o Goberno. Todos estes trámites, sen ter que desprazarse fóra do seu municipio.



     Tamén haberá asistencia aos cidadáns para tramitar ‘in situ’ as súas solicitudes sobre os servizos que prestan delegacións, subdelegacións e direccións Insulares, e facilitarase así mesmo información sobre os servizos máis demandados.



    Adjuntos: