-
BOLSA DE EMPREGO2024-01-15 18:33:28Concello
Proceso selectivo, mediante oposición, para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación na modalidade de substitución do condutor encargado do camión do lixo, como persoal laboral temporal
Esta bolsa de emprego terá unha validez de tres anos, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Funcións:
As funcións a desenvolver na praza de Condutor Camión do Lixo serán de acordo coa RPT código posto 02.00.00.02,
as seguintes:
- Realizar múltiples tarefas de mantemento e acondicionamento de espazos, infraestruturas e vías públicas municipais,
propias da súa cualificación profesional, no marco das competencias asumidas polo departamento.
- Manexo e condución maquinaria e vehículos utilizados para o desenvolvemento dos traballos propios da unidade.
- Asumir a organización operativa e directa da actividade de recollida de lixo e residuos urbanos.
- Colaborar na organización do traballo do persoal adscrito ao departamento.
- Asumir a conservación e mantemento básico dos vehículos utilizados.
- Realizar pequenas obras.
- Realizar funcións relativas ao eido de protección civil e do servizo de lacería.
- Colaborar e participar activamente nas actuación materiais do departamento, realizando tarefas propias da súa
capacitación profesional.
- Calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integra
As solicitudes presentaranse en modelo oficial que se achega como anexo ás bases, dirixidas á Alcaldía, presentaranse no Rexistro Xeral das oficina municipais en horario de oficina ou no Rexistro telemático (sede electrónica), durante o prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Ademais as instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso os aspirantes deberán comunicalo remitindo unha copia da instancia xa rexistrada ao correo electrónico correo@concellodetouro.gal, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes
Os interesados poderán obter toda a información nas bases publicadas este luns no boletín oficial da provincia da Coruña e no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/01/15/2024_0000000147.html