• 2024-02-07 10:06:45
    Emprego

    O Concello de Touro contrata 2 traballadoras/es para obras públicas de servizos básicos municipais. O anuncio publicouse onte, martes, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña

    O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, contados dende hoxe, mércores día 7.

    As persoas interesadas poden obter toda a información no seguinte enlace: https://www.concellodetouro.com/attachments/article/2868/ANUNCIO BOP 6 FEBREIRO 2024 PEL 2024.pdf