• 2024-02-22 09:43:07
    Cultura

    O Concello de Touro programa unha nova saída ao balneario de Cuntis e será o martes 12 de marzo. Saída do concello as 15:10 horas.



    As inscricións deberán facerse no departamento de Cultura ou a través do 981 504 029. O prazo de inscrición será dende o 26 de febreiro ao 7 de marzo.



    O prezo é 14€ por persoa. Terá que haber un grupo mínimo de 20 persoas e con prazas limitadas.



    O circuíto lúdico termal será de dúas horas de duración e é necesario levar gorro, chanclas e toalla



    Adjuntos: