• 2024-03-14 13:03:18
    Concello

    O alcalde de Touro, Roberto Castro, informa que o Ministerio de Industria e Turismo fai saber que a cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT) pode verse afectada polas redes do 5G das operadoras da telefonía móbil, ocasionando cortes no sinal.

    Para resolver estas incidencias na recepción do sinal, os fogares poden solicitar a instalación dun filtro na antena SEN COSTE NINGÚN, chamando ao seguinte teléfono GRATUÍTO: 900 833 999

    Adjuntos: